UN POUCO DE INFORMACIÓN PREVIA

Euphonix é unha das marcas pioneiras no audio profesional e está especializada en audio dixital. Leva traballando dende os anos 80 e os seus productos son de excelentísima calidade (sobre todo as consolas dixitais de directo e postproducción) competindo coas mellores marcas do mundo.

Euphonix, Inc.
220 Portage Ave.
Palo Alto, California 94306
Phone: 650-855-0400
Fax: 650-855-0410
Web: http://www.euphonix.com
e-mail: info@euphonix.com

Neste artículo falo dunhadas súas consolas dixitais máis completas: Euphonix “Max Air”.

MAX AIR
Max Air é unha nova consola de mestura dixital de audio expresamente deseñada para usos de produción de difusión sobre aire e vivos-a-cinta. Grazas á súa superficie de control e saídas multicanal Soundround é tamén válida para postproducción de audio-vídeo ou cine.
A consola de Max Air está baseada na tecnoloxía probada e o software do Sistema Euphonix 5; isto comparte o mesmo corazón DSP (Procesador de audiodigital) e a entrada - saída que o Sistema 5 (outro produto de Euphonix para postproducción) e tamén inclúe a maior parte do mesmo tratamento e o software de control. Para crear a Max Air, Euphonix utilizou a súa experiencia enorme en sistemas de mestura de produción dixitais con máis de 100 instalacións de sistemas Euphonix en instalacións de difusión en todo o mundo.
A Max Air é unha consola dixital compacta de elevadas prestacións deseñada para On-Air Broadcast e aplicacións en directo (tamén válida para postproducción de audio-video). A Max Air introduce un novo nivel de simplicidad e facilidade de uso do seu superfície de control que inclúe seccións de módulos de canle e pantalla tactil TFT de 17".

1.- Introdución á Max Air
Superfície de control:

A superfície de control da Max Air consta dunha sección Master con pantalla tactil,
Super Canle, botóns programables e 8 Faders libres. Os modulos de Canle, dos cales pode haber un total de 48, conteñen un área de selección de función , catro botóns asignables e un fader.

Canles
A Max Air ten 96 canles. As canles Mono poden agruparse como estéreo ó calquera outro formato ata 7.1.

Procesado Dixital do Sinal
O bastidor dixital DF64 é unha unidade montada en rack que realiza todo o proceso de audio da Mx Air: dinámica e EQ, buses de mestura, de gravación, de monitorado e envios aux. A Max Air usa un modelo de Mesturador único (96 Canles, 24 grupos/Clean Feeds, 12 Envios Aux, 32 Buses de mestura e 24 Entradas Externas) que utiliza un solo DF64.

Entradas/Saídas Analóxicas e Dixitais
Todos a sinais de audio convértense a formato MADI por medio de convertidores
analóxicos e dixitais. A Max Air básica inclúe 4 Entradas e 3 Saídas MADI para
conectar E/S. Poden engadirse portos MADI adicionais expandindo o sistema cun
Router SH612 Studio Hub MADI. Cada cable 75ohm coax MADI pode levar ata 56
canles de audio dixital de 24-bit a 44.1Khz ó 48Khz. Estas entradas e saídas MADI
aparecen no router/patchbay interno da consola.

Entradas de Microfono
As entradas de Microfono contrólanse mediante os interfaces Mic/Line ML530. Cada
unidade contén 24 preamps de microfono con control remoto. Cada ML530 está conectado a un convertidor Analóxico-MADI dedicado. Poden conectarse ata 7 ML530s nun sistema.

Monitorado
O controlador MC524 proporciona saídas analóxicas de monitorado en control de Main (7.1), Alt 1 (5.1), e Alt 2 (stereo), monitorado en estudo SLS (7.1), e Cues 1-3 (cada un estéreo), 2 preamplificadores talkback e 4 de micrófono de escoita. O MC524 está conectado aonvertidor dedicado de MADI a Analóxico.

Configuración Típica de Hardware da Max Air (arriba).
A consola Max Air consta dunha sección central CM404 e pode ter ata tres módulos
CM416 de 16-fader cun total de ata 48 faders.

2.- Pantalla Tactil
Hai 4 tipos principais de información na Pantalla tactil:
- A Pantalla permanente - consiste na pantalla de botóns definibles, o Menú
Principal, un visualizador de Funcións e unha pantalla co Título actual e
Reloxo coa hora do dia.
- Medidores - a área superior da pantalla resérvase parar os medidores de nivel.
-O Area de visualización ocupa a maior parte da pantalla entre os medidores
e a pantalla permanente.
- Pop-ups - son menus usados para unha tarefa específica (e.x. parametros do oscilador,
teclado, etc....). Permanecen en pantalla só mentres se realiza a tarefa e desaparecen
ao finalizala.

3.-Presentación de Canal no Módulo
As consolas dixitais Euphonix permiten axustar a relación entre os 96 canles lóxicas
( as canles lóxicas son as rutas de sinal actuais) e os 32 (máis ó menos dependiedo da
configuración de módulos) canles físicas na mesa.
Cada módulo de canle ten unha tecla Swap que permite ao módulo conmutar entre canle
principal e canle Swap. As canles Swap son moi útiles para sinais de backup tal como
un micrófono de backup para ser conmutado mediante a pulsación dunha tecla.

Artigo de Alexandre Sampedro