“Sonorizamos
todo o que se movía”, afirma Dennie Thorpe, que, xunto a Jana Vance, foi unha
das artistas de foley de “Star Wars Episode I: The Phantom Menace”

Thorpe e Vance repartíronse os
personaxes principais entre elas; a primeira ocupándose das pisadas e todo o
demais de Anakin Skywalker, a raíña Amidala e Obi-Wan Kenobi; a segunda,
ocupándose de Jar Jar Binks, Qui-Gon Jinn e Darth Maul.

“Fagamos o que fagamos, queremos
aclarar que sempre hai unha razón pola que facer un son específico”, di Thorpe.
“Obviamente os actores contan a historia mentres os efectos de produción e
outros sons entran e saen de escena. Pero todos traballamos xuntos para crear
unha especie de tradución do visual ao sonoro. Nós tivemos que vérnolas cunha
gran variedade de sons húmidos e escurridizos, sons metálicos e sons
enérxicos.”

“Tivemos
que ir comprar material para realizar os sons, posto que no estudo non tiñamos
suficiente. Visualizamos a película con Ben e cos editores de son e foley, e
entón Jana e eu fomos a varias tendas de segunda man, centros de reciclaxe e
chatarrerías para conseguir todos os materiais que queriamos.”

“Respecto da gravación en si, o noso
micrófono preferido foi un Neumann U87, que utilizamos en conxunción cun PZM e
un micro de sala. Tony Eckert mesturou os tres para que puidésemos obter o noso
son desde unha perspectiva adecuada. Isto é xusto o que queremos facer co
foley. Non queremos que soe coma se estivese na túa cara todo o tempo, así como
as pisadas, que soan completamente diferentes segundo a superficie e espazos
polos que camiñen os personaxes.”

“Unha solución funcional resultou
ser o EQ co que Tony chegou ao estudo.”

“Cando nos corpos dos personaxes
impactaban disparos ou explosións, utilizamos varias aspiradoras vellas, gatos,
taladradoras e pezas pesadas de ferro, polo que cada cabeza, brazo, perna, man
e torso tería un son propio. Tamén están os sons de personaxes tocándose a si
mesmos ou a outros. Moitos deses sons non está gravados sobre a pel dunha
persoa, senón mediante piñas, cocos e diversas froitas máis.”

“O foley
pode ser lixeiramente misterioso cando estás sentado no Control Room, porque
non sabes que andamos a facer nese momento. Pero cando a xente vén ata a sala
de gravación e venos traballar, parécelles que ao que nos dedicamos é a xogar
durante todo o día. Encántalles iso, mentres nós estamos preocupadas por se o
que acabamos de gravar servirá para a película…”

“Sabiamos desde o principio qué
efectos de audio podiamos conseguir nós e qué podían conseguir as artistas de
foley”, engade Tom Bellfort, “aínda que as pistas de audio non son tan
tipicamente densas como noutras películas… xa sabes… a miúdo pasa que todo o
mundo duplica o traballo dos demais, para acabar refugándoo ao final. Pero
isto, ¡en contadas ocasións sucedeu neste proxecto!



Un artigo de Francisco Javier López-Mayán Navarrete